As mulleres do mar

Que é Auga, area e sal?

Auga, area e sal é unha idea nada do propio traballo das mulleres do mar. Un proxecto que busca darlles visibilidade dentro da cultura mariñeira, poñendo en valor oficios feminizados imprescindibles para a continuidade da actividade.

redeiras
camisetas

Visibilización do traballo

A nosa misión

Damos voz aos axentes e temáticas vinculadas ao mar en Galicia recorrendo á divulgación, á formación e a outras vías de difusión que contribúan a dar luz a unha realidade invisibilizada dende hai séculos, resaltando o traballo diario de todas as profesionais do sector.