Un estudo de Anmupesca (Asociación Nacional de Mulleres na Pesca) repasa a importancia do traballo feminino na economía pesqueira.

Más de 6.000 mulleres forman parte do colectivo da pesca na provincia da Coruña. Son os resultados dun estudo presentado por Anmupesca, no que se indaga no peso feminino no sector pesqueiro a través de diferentes oficios. 

De acordo a este informe, a industria conserveira sería a área con maior emprego de mulleres das vinculadas á pesca: son máis de 3.200 as profesionais incluídas nesta categoría. Séguenlle o marisqueo a pé, con apenas un terzo de traballadoras respecto a as das conserveiras, e as comercializadoras almacenistas de produtos pesqueiros. 

O mapa permite distinguir tamén que profesións das relacionadas co mar están feminizadas e en cales a cota feminina é significativamente reducida. Na primeira categoría estaría, por exemplo, o colectivo de redeiras, cun 94% de mulleres. En cambio, en traballos como o marisqueo a flote, hai menos dun 20% de traballadoras. Esta segregación horizontal compleméntase con discriminación vertical: en 2023 non había ningunha muller liderando unha confraría de pesca na Coruña.

Para afondar nesta noticia, clica aquí.