Auga, area e sal é un proxecto multidisciplinar de cultura mariñeira en Galicia. Sobre a base das actividades produtivas vinculadas co mar, tenta poñer en valor o traballo das xentes comprometidas coa contorna mariña.O mar únenos. Ao longo dos anos, o mar foi en Galicia fonte de inspiración, vía de sustento, de promoción ou, para aquelas persoas que tiveron que cruzalo en busca dun futuro mellor, de morriña.Todos estes significados conforman a cultura mariñeira, que é parte indispensable da historia e tradición do pobo galego.
‘O futuro pertence a quen cren na beleza dos seus soños’. Amelia Earhart, aviadora.
Esta expresión impregna todos os ámbitos, desde a área económica e laboral ao terreo da artesanía ou a gastronomía, mesmo nos municipios de interior e é un referente da idiosincrasia da rexión máis occidental de España.Redeiras traballandoO papel da muller na cultura mariñeira foi tradicionalmente silenciado. Durante moito tempo considerouse como parte secundaria das tarefas do mar. Con todo, a súa achega é esencial, ata o punto de que os oficios feminizados son indispensables para a continuidade desta cultura tal e como se coñece.Auga, area e sal nace coa vontade de pór en valor a cultura mariñeira desde as distintas áreas que abarca, dando visibilidade especialmente ás mulleres que están implicadas nela. A través de divulgación, formación e outras vías de difusión quérese promover o coñecemento deste medio, esencial para Galicia, e as achegas das mulleres.O traballo de divulgación de Auga, area e sal quere dar a coñecer historias da cultura mariñeira, demandas dos colectivos que pertencen a ela e referentes que serven de inspiración. Trátase de dar voz en toda a súa amplitude a todos os temas e axentes que compoñen todo o relacionado co mar en Galicia.Auga, area e sal promove formacións de dous tipos. Por unha banda, organízanse talleres impartidos por mulleres relacionadas coa cultura mariñeira para dar a coñecer distintos aspectos desta. Hai tamén outras formacións, dirixidas a colectivos do mar para ampliar as súas competencias ou sensibilizar sobre distintos aspectos.Os bolsos inspirados nas redes son algúns dos produtos a venda na nosa tenda.Ademais, Auga, area e sal eríxese como canle de comercialización de produtos relacionados coa cultura mariñeira, a través dos que profesionais do mar ou relacionadas co mesmo dan saída ás súas propostas de artesanía, xunto con outros artigos sempre conexos con este motivo.
Obxectivos:
Pór en valor a importancia da cultura mariñeira e o seu papel na sociedade galega.
Promocionar o traballo das mulleres, especialmente das que teñen oficios relacionados co mar ou que o reflicten nos seus traballos.
Denunciar as condicións e apoiar as demandas dos colectivos profesionais das distintas actividades sectoriais.
Avogar polos traballos de diversificación das mulleres ocupadas en traballos relacionados co mar mediante a comercialización dos seus produtos ou o seu emprego en formacións.
Apoiar a colectivos desfavorecidos, como mulleres vítimas de violencia de xénero, a través de proxectos de divulgación e formación.
Xestionar o consentimento
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou ID únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento, pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcionais
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun servizo concreto solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Marketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.