1. AVISO LEGAL
En cumprimento co artigo 10.1 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico (LSSI), indícanse os datos identificativos do titular responsable de “Auga, Area e Sal”
• Responsable: María José Imia Vázquez
• DNI: 79310100-M
• Domicilio social: Rúa Salgueiriños de Abaixo 7, 2ºD, CP 15704 Santiago de Compostela
• Correo electrónico: info@augaareaesal.com
• Páxina web: www.augaareaesal.com
2. POLÍTICA DE PRIVACIDADE
A través desta Política de Privacidade, o usuario queda informado de forma clara, precisa e concisa. Se o usuario a acepta, dará o seu consentimento de forma libre, informada, específica e inequívoca para que AUGA, AREA E SAL. trate os seus datos persoais, conforme ao Regulamento UE 2016/679 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD) e á Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD) (lexislación europea e nacional vixente en materia de protección de datos).
2.1 INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
2.1.1 Quen é o responsable do tratamento de datos?
Identidade: María José Imia Vázquez
Enderezo postal: Rúa Salgueiriños de Abaixo 7, 2ºD, CP 15704 Santiago de Compostela Coruña)
Correo electrónico: info@augaareaesal.com
2.1.2 Que información recopilamos e tratamos do usuario a través da páxina web?
Os datos que se recollen refírense á categoría de datos identificativos, como poden ser: Nome e Apelidos, Teléfono, Correo electrónico, así como a dirección IP desde onde accede ao formulario de recollida de datos.
Tamén se solicitarán os datos identificativos necesarios relacionados coas inscricións de actividades e outro tipo de iniciativas nas que sexa preciso cumprimentar un formulario con datos. Igualmente, sempre se lles avisará aos usuarios cunha información básica sobre as finalidades específicas para as que serán recollidos os seus datos persoais.
Na nosa páxina web, o usuario atopará a opción de escribirnos para aclarar todas as dúbidas que teña en relación co funcionamento dos nosos produtos e servizos ou calquera outra cousa que necesite. Para contestar, contactaremos co usuario a través do correo electrónico ou número de teléfono, se nolo indicou.
A través do noso correo electrónico info@augaareaesal.com, o usuario poderá escribirnos e/ou requerir a información que considere necesaria para aclarar as dúbidas relacionadas cos nosos servizos.
No caso de que o usuario nos facilite datos de terceiros, asumirá a responsabilidade de lle ter informado previamente e ter o seu consentimento para iso, conforme ao artigo 14 do RGPD.
2.1.3 Con que finalidade tratamos os datos persoais do usuario?
AUGA, AREA E SAL realiza un tratamento de datos persoais coas finalidades que se expoñen a continuación, en función do motivo polos que foron facilitados:
a) Levar a cabo a prestación dos servizos que ofrece AUGA, AREA E SAL, a facturación, o desenvolvemento de accións comerciais e a oferta e/ou contratación de produtos e servizos.
b) Contactar, tramitar, xestionar e responder á petición, solicitude, incidencia ou consulta do usuario (xa sexa a través de correo electrónico, formulario de contacto ou teléfono).
c) Xestionar, no seu caso, o envío de información sobre actividades, servizos e novidades asociadas a AUGA, AREA E SAL. por medios electrónicos e/ou convencionais.
d) Tratamos a información coa finalidade de xestionar a alta como usuario web. Ademais de posibilitar a adecuada prestación do servizo concertado, a facturación, o desenvolvemento de accións comerciais e a oferta e/ou contratación de produtos e servizos.
e) Tratamos a información co fin de xestionar a relación cos candidatos que optan a un posto vacante na empresa.
2.1.4 Cal é a lexitimación do tratamento dos datos do usuario?
• A base legal para o tratamento dos seus datos persoais para as finalidades expostas no apartado anterior é a execución da prestación do servizo correspondente, e é unha obrigación imperativa para iso, tal e como establece o artigo 6.1,b) do RGPD.
• No que respecta ao envío de información sobre actividades, servizos e novidades asociadas a AUGA, AREA E SAL, a base legal para o tratamento dos datos persoais facilitados é o consentimento que outorga o usuario de forma expresa, tal e como establece o artigo 6.1,a) do RGPD.
2.1.5 Durante canto tempo se tratarán os datos persoais do usuario?
Os datos para a xestión da relación cos servizos que xestione AUGA, AREA E SAL e requiran a realización dun pago serán conservados durante todo o tempo en que o contrato estea vixente. Os datos poderán ser conservados durante o tempo esixido pola lexislación aplicable e ata que prescriban as eventuais responsabilidades fiscais derivadas.
Os datos para a xestión de consultas e solicitudes conservaranse durante o tempo necesario para dar resposta aos mesmos, e no seu caso, mentres o interesado non solicite a retirada do seu consentimento para enviarlle información relacionada coa súa consulta.
Os datos para o envío de información asociada ás actividades ou servizos de AUGA, AREA E SAL serán conservados mentres o usuario non revoque o seu consentimento.
2.1.6 A que destinatarios se comunicarán os datos persoais do usuario?
Como norma xeral, os seus datos non serán cedidos a terceiros salvo que exista unha obriga legal ou sexa necesario para levar a cabo a prestación do servizo. Tendo isto en conta:
• Os datos persoais do usuario poderían ser comunicados ás entidades financeiras a través das cales se articule a xestión de cobros e pagos.
• Tamén poderían ser comunicados ás Administracións Públicas competentes nos casos previstos pola Lei.
• No seu caso, tamén serán comunicados aos Encargados do Tratamento de Datos de AUGA, AREA E SAL para a correcta prestación do servizo.
• Asesoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
◦ Empresas de informática coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.
◦ Empresas de transporte e loxística.
◦ Empresas de consultaría, certificación e/ou asesoramento xurídico.
2.1.7 Cales son os dereitos do usuario?
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se AUGA, AREA E SAL. estamos tratando datos persoais que lles competen, ou non. Ten dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, oporse ao tratamento e á portabilidade dos datos.
Infórmase que ten dereito a retirar o consentimento que nos foi outorgado nalgunha finalidade específica; así como presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control. Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos na dirección descrita ao comezo da páxina.
2.1.8 Que medidas de seguridade temos implementadas?
En AUGA, AREA E SAL comprometémonos a protexer a súa información persoal. Utilizamos medidas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e garantir a súa privacidade.
Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas coas relación aos tratamentos dos seus datos persoais. No caso dos contratos que subscribimos cos nosos provedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tivesen acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.
Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade. Con todo, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable, polo que, no caso de calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha violación de seguridade, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, no seu caso, aos usuarios que puideran verse afectados para que tomen as medidas adecuadas.
2.1.9 Política en redes sociais
AUGA, AREA E SAL dispón dun perfil corporativo nas redes sociais de Facebook e Instagram. Por iso, AUGA, AREA E SAL. é a “Responsable do tratamento dos teus datos” en virtude da existencia de ditos perfís nas redes sociais e ante o feito de que o usuario nos siga e, en virtude diso, tamén poidamos seguir ao usuario. O anterior significa que se o usuario decide unirse ao noso perfil corporativo como seguidor ou dando un “Gústame” aos nosos contidos ou perfil, acepta a presente política, onde explicamos os seus dereitos e como utilizamos os seus datos. En calidade de responsable do tratamento dos teus datos, garantimos a confidencialidade no tratamento e o cumprimento dos teus dereitos, sempre baixo os efectos da normativa vixente sobre protección de datos.
Doutra parte, informamos que utilizaremos estas redes sociais para anunciar as novas ou información relevante relacionada cos servizos que ofrecemos, ou ben sobre temas que consideremos sexan de interese para o usuario. Utilizando as funcionalidades de ditas plataformas, é posible que o usuario reciba no seu muro ou no seu perfil novas con este tipo de información. Agora ben, tamén informamos de que non existe ningún vínculo entre AUGA, AREA E SAL e ditas plataformas ou redes sociais, polo que o usuario acepta a súa política de uso e condicións unha vez acceda ás mesmas e/ou valide os seus avisos e termos e condicións no procedemento de rexistro. AUGA, AREA E SAL non é responsable do uso ou tratamento dos teus datos que se faga fóra da estrita relación e prestación de servizos indicados nesta política.
4. POLÍTICA DE COOKIES
4.1 Información básica sobre as cookies
As cookies son pequenos ficheiros que gardan información nos dispositivos dos usuarios que usan a nosa Web e tenda online.
As cookies asócianse co navegador dun ordenador ou dispositivo determinado. Grazas a elas, resulta posible que AUGA, AREA E SAL recoñeza os navegadores dos usuarios. Tamén serven para determinar as preferencias do usuario de navegación e, a partir diso, avaliar as preferencias do usuario puidendo usar como indicadores, todo iso para mellorar a nosa oferta de servizos.
A Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Sociedade da Información e Comercio Electrónico (doravante, LSSI) en relación coas cookies esixe que os nosos usuarios sexan informados previamente á experiencia de navegación na plataforma sobre o uso, tipo e finalidade das cookies. Esta é a razón pola que implementamos un aviso informativo que se desprega unha vez que o usuario accede á nosa Web, informando de maneira previa, e dando a opción de que o usuario escolla as cookies que desexa permitir e as acepte expresamente, cumprindo así cos criterios establecidos polo Comité Europeo de Protección de Datos e a Guía sobre o uso de cookies publicada pola AEPD en xullo de 2020.
4.2 Información detallada sobre as cookies
Cookies técnicas ou funcionais: son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan, incluídas aquelas que o editor utiliza para permitir a xestión e operatividade da páxina web e habilitar as súas funcións e servizos, como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, lembrar os elementos que integran un pedido, realizar o proceso de compra dun pedido, xestionar o pago, controlar o fraude vencellado á seguridade do servizo, realizar a solicitude de inscrición ou participación nun evento, contar visitas con efectos de facturación de licenzas do software co que funciona o servizo (sitio web, plataforma ou aplicación), utilizar elementos de seguridade durante a navegación, almacenar contidos para a difusión de vídeos ou son, habilitar contidos dinámicos (por exemplo, animación de carga dun texto ou imaxe) ou compartir contidos a través de redes sociais.
Tamén pertencen a esta categoría, pola súa natureza técnica, aquelas cookies que permiten a xestión, da forma máis eficaz posible, dos espazos publicitarios que, como un elemento máis de deseño ou “maquetación” do servizo ofrecido ao usuario, o editor inclúa nunha páxina web, aplicación ou plataforma en base a criterios como o contido editado, sen que se recopile información dos usuarios con fins distintos, como pode ser personalizar ese contido publicitario ou outros contidos.
*As cookies técnicas estarán exentas do cumprimento das obrigas establecidas no artigo 22.2 da LSSI cando permitan prestar o servizo solicitado polo usuario, como ocorre no caso das cookies enumeradas nos parágrafos anteriores. Con todo, se estas cookies tamén se usan para fins non exentos (por exemplo, para fins publicitarios comportamentais), quedarán suxeitas a ditas obrigacións.
Cookies de preferencias ou personalización: son aquelas que permiten lembrar a información para que o usuario acceda ao servizo con determinadas características que poden diferenciar a súa experiencia da dos outros usuarios, como, por exemplo, o idioma, o número de resultados e amosar cando o usuario realiza unha busca, o aspecto ou contido do servizo en función do tipo de navegador a través do cal o usuario accede ao servizo ou da rexión desde a que accede ao servizo, etc.
*Se é o propio usuario quen elixe esas características (por exemplo, se selecciona o idioma dun sitio web facendo clic no icono da bandeira do país correspondente), as cookies estarán exentas das obrigacións do artigo 22.2 da LSSI por considerarse un servizo expresamente solicitado polo usuario, e iso sempre e cando as cookies obedezan exclusivamente á finalidade seleccionada.
Cookies de análise ou medición: son aquelas que permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento dos usuarios dos sitios web aos que están vinculadas, incluída a cuantificación dos impactos dos anuncios. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan os usuarios do servizo.
*Este tipo de cookies, a pesar de que non estea exentas do deber de obter un consentimento informado para o seu uso, o GT29 manifestou que é pouco probable que representen un risco para a privacidade dos usuarios sempre que se trate de primeira parte, que traten datos agregados cunha finalidade estritamente estatística, que se facilite a información sobre os seus usos e se inclúa a posibilidade de que os usuarios manifesten a súa negativa sobre o seu uso.
Cookie de publicidade comportamental: son aquelas que almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo.
4.3 Como desinstalar as cookies?
Se un usuario desexa desinstalar as cookies utilizadas na nosa web do seu navegador, a continuación, déixamos as instrucións para diferentes navegadores:
• Para máis información sobre Internet Explorer prema aquí.
• Para máis información sobre Microsoft Edge prema aquí.
• Para máis información sobre Firefox prema aquí.
• Para máis información sobre Chrome prema aquí.
• Para máis información sobre Safari prema aquí.
5. MODIFICACIÓNS NO TEXTO XURÍDICO
AUGA, AREA E SAL poderá modificar este texto xurídico de acordo coa lexislación aplicable en cada momento. En todo caso, calquera modificación considerable que afecte ao uso da páxina web do Aviso legal, a Política de Privacidade e Cookies, seralle debidamente notificada ao usuario para que este quede informado dos cambios realizados no tratamento dos seus datos persoais e, no caso de que a normativa aplicable así o esixa, o usuario poida outorgar o seu consentimento.
6. NORMATIVA E XURISDICIÓN
Os nosos textos legais regularanse pola lei española. Estes textos permanecerán accesibles para os usuarios en todo momento dende a nosa páxina web.
Se as partes non acordasen someterse a mediación ou arbitraxe previamente, no presente aviso legal establécese o acordo de someterse aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela renunciando expresamente a calquera outra xurisdición.